Aquí Tou!

Un filme dirixido por Jairo Iglesias e Xosé A. Touriñán

Tráiler

Sinopse

Como cheguei a ser o que son agora mesmo? Como cheguei a estar onde estou? Probablemente todos nos fixemos estas preguntas algunha vez na vida. As respostas non son sinxelas, pero se tiramos do fío, non tardamos en decatarnos de que somos froito dun montón de variables xenéticas e ambientais que nos fan tomar decisións, pero que tamén estamos condicionados pola casualidade, o azar ou como queiramos chamalo, que inflúe na nosa existencia tanto ou máis que a nosa propia vontade.

En Aquí Tou, Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán nos leva da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.

Cartaz do filme, Touriñán aparece en primeiro plano mirando cara arriba e rodeado de plásticos de cor rosa.

Imaxes

Xosé Antonio Touriñán sentado nun sofá e cunha fotografía de seus avós proxectada na parede, nun momento do filme Aquí Tou
Touriñán xunta un coche antigo co capó aberto, nun taller mecánico
Touriñán lendo a Biblia nun púlpito de mentira, nun momento do filme autobiográfico Aquí Tou
O actor apoiado nunha mesa camilla xunta unhas figuriñas de porcelana
Touriñán sentado nun secador de perruquería
O humorista Xosé Antonio Touriñán cunha fotografía familiar súa na man

Queres proxectar Aquí tou?

Contacta con nós!

ola@aine.gal 881 946 972

Calendario de proxeccións

2022

Vimianzo Casa da Cultura 18 de febreiro
Arteixo Centro Cívico Cultural 19 de febreiro
Carballo Biblioteca Rego da Balsa 25 de febreiro
Rianxo Auditorio Municipal 4 de marzo
Porto do Son Casa da Cultura 25 de marzo
Cee Casa da Cultura 25 de marzo
As Pontes Casa Dopeso 26 de marzo
Noia Liceo 27 de marzo